Quen somos e onde estamos ...

Casa Mar da Vila é un espazo único en pleno corazón de Noia, situado a carón da Porta da Vila, no casco histórico desta vila mariñeira. O noso local combina o encanto das construcións tradicionais en pedra cun interior acolledor e moderno, pensado para que te sintas como na casa dende o primeiro momento.

Aquí poderás gozar dunha experiencia gastronómica que aposta polos sabores auténticos, con pratos elaborados con mimo e produto de proximidade, ademais dun servizo próximo e atento. Tamén contamos con habitaciós confortables que manteñen ese equilibrio entre estilo rústico e comodidade moderna, perfectas para descansar e desconectar.

Noia, coñecida como a “perla da ría”, é un lugar cheo de historia, rúas empedradas, prazas con encanto e a fermosa ría de Muros e Noia, perfecta para pasear e deixarse levar polo seu ambiente tranquilo e mariñeiro.

A nosa promesa 

En Casa Mar da Vila prometémosche algo moi sinxelo:
que cada visita sexa unha experiencia que queiras repetir.
Ofrecémosche un lugar onde comer ben, durmir mellor e sentirte como na túa propia casa.
Coidamos cada detalle —dende o prato que chega á túa mesa ata a almofada onde descansarás—
para que o único que teñas que facer sexa gozar de Noia e do seu encanto.